mércores, 16 de setembro de 2009

CHEGOU O CURSO 2009-2010

O pasado 10 de Setembro, o CEIP AMADEO RODRÌGUEZ BARROSO voltou a cobrar vida. As suas aulas enchéronse de nenos/as cargados de historias que contar aos seus compañeiros e aos seus mestres. Ainda que algún tamén traía algo de mágoa, a maioría amosaba moita ledicia. Os novos alumnos do centro (os de 4º de Educación Infantil) foron acollidos, ainda se cabe, con mais agarimo por todos. Durante o mes de setembro, estes nenos terán un período de adaptación que consistirá en que teñan que permanecer no centro menos horas das habituais.

Pero este ano tamén contamos con grandes novidades. Comezou a construcción do novo centro e esto terá posibles beneficios pero tamén traerá certos atrancos no funcionamento do centro mentras dure a obra. Os alumnos non contarán cun espacio axeitado para recibir as clases de educación física, haberá moito ruido, suciedade, non poderán sair ó recreo cando chova, o espacio do patio é moi reducido, a organización dos recreos tivo que ser modificada e os nenos de educación infantil sairán ó patio antes que os de educación primaria e despois destes. Con todo, imos ser optimistas e pensar que o esforzo merecerá a pena. En pouco tempo contaremos cun centro moito mellor equipado e mais moderno.