mércores, 28 de novembro de 2018

RECEITAS DE OUTONO



O noso corredor xa está decorado coas receitas de outono que os nenos e nenas de 2º, 3º e 4º de primaria nos trouxeron. A ver se algún mestre ou mestra se anima a facer algunha 😜

mércores, 14 de novembro de 2018

MAGOSTO NOS ROSAIS

MAGOSTO 2018

O pasado venres 9 de novembro celebramos o magosto por todo o alto. Comimos bolos preñados  e castañas recén feitos. Coma o ano anterior, visitounos unha castañeira que nos preparou unhas castañas ben boas. Despois desta potente merenda tiñamos que queimar esas calorías e que mellor forma de facelo que xogando. Practicamos diferentes xogos tradicionais grazas a colaboración do Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo" ao que lle estamos moi agradecidos. Deixámosvos unhas fots para que vexades o ben que o pasamos.













































venres, 2 de novembro de 2018

SAMAÍN


Chegou o 31 de outubro e con el chegou o Samaín. Para conmemoralo invitamos aos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil a deseñar cabazas. A participación do alumnado foi moi alta e hai verdadeiras obras de arte como podedes ver nas fotos. Asemade, dende o Equipo de Actividades Extraescolares organizouse a queima dos medos. Todo o alumnado e profesorado baixamos ao patio e nun pote fomos botando unha cabaza de papel na cal escribimos un medo para que este desapareza. Acompañamos a queima con música propia do Samaín. A verdade e que pasamos un moi bo rato e os nosos medos quedaron en cinsas.