MAGOSTO 2018
O pasado venres 9 de novembro celebramos o magosto por todo o alto. Comimos bolos preñados e castañas recén feitos. Coma o ano anterior, visitounos unha castañeira que nos preparou unhas castañas ben boas. Despois desta potente merenda tiñamos que queimar esas calorías e que mellor forma de facelo que xogando. Practicamos diferentes xogos tradicionais grazas a colaboración do Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo" ao que lle estamos moi agradecidos. Deixámosvos unhas fots para que vexades o ben que o pasamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario