mércores, 8 de maio de 2019

MES DAS LETRAS GALEGAS

Chega maio, chegan as Letras Galegas. Este ano dedicadas ao escritor Antón Fraguas.

No cole xa estamos a preparar todo para que esa gran semana sexa moi especial para toda a comunidade educativa.


A continuación deixámosvos o programa dos tres festivais organizados.

 FESTIVAL EDUCACIÓN INFANTIL (14/05/19)

4º de E.I.: Cancións - "As mans" de Mamá Cabra e "Esa granxa" de Oviravai.

5º de E.I.: Rap - "A reciclaxe" 
                 Canción "O mercado" de María Fumaca.

6º de E.I.: Obra de teatro - "A vaca que puxo un ovo".
                 Canción - "A nosa canción".
                 Parodia: "Antón Fraguas".
                 Cantiga: "Madre Tierra" de Uxía Lambona e a Banda Molona.


 FESTIVAL EDUCACIÓN PRIMARIA I (1º-3º) (15/05/19)

1º B: Espectáculo poético: “Un circo de nubes”.

2º A: Obra teatral: “O piollo e a pulga”.

1º A: Cantiga: “Peixiños no mar”.

2º B: Narración conto popular: “A amora na silva”.

3º A: Cantiga: “Berenguela”.

3º B: Obra de teatro: “Aventuras e desventuras dunha espiña chamada Berenguela”.


 FESTIVAL EDUCACIÓN PRIMARIA II (4º-6º) (16/05/19)

5º: Cancións instrumentais“Supercalifragilisticoespialidoso” e “La cantuta”.

6º: Cancións instrumentais:  “Ollos verdes” e “Canon popular”.

4º A: Recitado de poesías de elaboración propia 
           Rap da lingua.

4º B: Baile das cancións: “A mordidiña” e “Sobran as palabras”.

5º A: Obra de teatro: “A vida de Antón Fraguas”.

5º B: Bailes: “Galego Mix”.

6º A: Obra de teatro: “Os cinco dedos”.
           Baile: “yo ya no quiero na’ ”.

6º B: Obra de teatro: “¡Días de homenaxe”.

mércores, 13 de marzo de 2019

DESFILE ENTROIDO

Deixámosvos algunhas fotos do día do desfile. Pasamos un moi bo rato e vimos distintos tipos de traxes, todos relacionados dunha maneira ou doutra co coidado do medio ambiente.
👏🍃🐻🌎🎭🎉















mércores, 27 de febreiro de 2019

Chega o ENTROIDO!!!!

O Entroido xa está aquí!!!
O noso cole xa está metido de cheo nel. Contamos con moitas cousiñas para ambientalo: Comadres e Compadres, Traxes típicos de diferentes zonas da nosa provincia, unha presentación dixital, láminas diversas...
Esperamos que vos agrade.
Tamén queremos agradecer fortemente a gran colaboración que estades tendo as familias para a exposición dos traxes típicos, que sabemos que nestas datas non é nada doado. MILLÓNS DE GRAZAS!!!!







luns, 25 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Onte conmemorouse o día da nosa gran poetisa por excelencia, Rosalía de Castro. Co fin de ligar este día co tema que estamos a traballar este ano no PDI do centro (O coidado do medio ambiente), os nenos e nenas deseñaron unhas follas de diferentes árbores nas que escribiron estrofas de poemas de Rosalía que tratan sobre a natureza. Finalmente, con estas follas decoramos algunhas árbores do noso centro.
Deixámosvos unhas fotos e un vídeo para que vexades o bonitas que quedaron tanto as follas como as árbores.