mércores, 18 de febreiro de 2015

30 DE XANEIRO: DIA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

O pasado día 30 de xaneiro celebrouse no centro o "Día Escolar pola Paz e a Non Violencia". As principais actividades desta conmemoración foron as seguintes:
Elaboración das “Caixas da Paz” con información sobre diferentes personalidades que obtiveron o Premio Nobel da Paz. Cada grupo-clase decorou unha caixa de cartón con información e imaxes sobre o personaxe elixido. Cos traballos elaborados montouse unha exposición na sala de entrada do centro.
- Acto conmemorativo do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia: Elaboración do Arco da Paz, coas mensaxes escritas nos diversos grupos; cada grupo empregou, para escribir as súas mensaxes, unha forma (pomba, corazón…) e unha cor diferente e con elas completou unha arquivolta do arco. Non faltou a lectura de manifestos pola Paz e a canción interpretada por todo o alumnado.