mércores, 20 de decembro de 2017

PERGAMIÑO VINDEL



A descuberta deste pergamiño debeuse ao azar. Ocorreu cando o comerciante de libros antigos Pedro Vindel o encontrou na súa biblioteca en 1914 servindo de forro a un exemplar do De officiis de Cicerón, do século XIV con encadernación do século XVIII.
 O pergamiño desapareceu pouco tempo despois de se descubrir, créndose perdido durante moitos anos. Porén, o pergamiño fora adquirido a Pedro Vindel polo diplomático e musicólogo Rafael Mitjana, quen o depositou na súa biblioteca de Uppsala, cidade sueca onde residía por aquel entón. Tras a súa morte, en 1921, a biblioteca pasou á súa viúva e posteriormente foi vendida polos seus herdeiros. Despois de varias vicisitudes, o pergamiño foi adquirido polo bibliófilo Otto Haas e posto á venda en Londres polo seu colega Albi Rosenthal. Finalmente foi comprado pola Pierpoint Morgan Library de Nova York, onde se conserva desde 1977.
 A primeira noticia do descubrimento foi dada a coñecer por Pedro Vindel, en febreiro de 1914, na revista Arte Español. Ao ano seguinte, en 1915, o libreiro publicou a primeira edición facsímile do manuscrito.
 
Entre os meses de outubro do ano 2017 e marzo do ano 2018, o pergamiño Vindel exponse no Museo do Mar de Galicia, situado na cidade de Vigo.

CERTAME  VINDEVÍDEOS


Para dar a coñecer o Pergamiño Vindel participamos no certame Vindevídos  con estes  dous traballos.






martes, 12 de decembro de 2017

QUE FERMOSAS AS NOSAS ÁRBORES DE NADAL!

Un anaquiño noso está no corazón desas árbores. En  cadansúa postal vai o agarimo que todos os nenos e nenas puxeron nelas. 
Bo Nadal!