luns, 30 de abril de 2018

NORABOA AOS FINALISTAS DO VII CONCURSO DE POESÍA !!

O pasado sábado 28 de abril tivo lugar na Bibliotéca Pública  a gala de entrega de premios do VII Concurso de poesía para escolares organizado polo Círculo Poético Ourensano.  No noso centro contamos con nove finalistas que se achegaron a dito acto para a recollida de diplomas. 
Esther Monroy cardo.
Inés Fernández Quelle.
Adriana Pérez Rodríguez.
Ariadna López de Letona Fernández.
Raquel Jia Pascual Souto.
Candela Lamas Lamas.
Noa Joga Rodríguez.
Lucía Rodrgíguez Fontanes
Hugo Mosquera Alonso

 Puidemos escoitar o poema de Noa Joga Iglesias de 6ºB  que quedou entre os dez primeiros da provincia. Tamén acudiu o sábado Gabriel Pérez Docabo de 5º B,gañador do ano pasado, a recoller o libro con todos os poemas finalistas do 2017. 
A continuación podemos ver algunha foto do acto.










mércores, 25 de abril de 2018

LIBROS FÓRA

Ao longo da semana do  23 ao 27 de abril, a bibilioteca  leva os libros ao patio da escola para:  
MIRALOS, COMPARTILOS... E VIAXAR COA IMAXINACIÓN COS NOSOS AMIGOS E AMIGAS








Pinchade no enlace para ver máis fotos.http://biblioaroba.blogspot.com.es/


luns, 23 de abril de 2018

VI CERTAME DE MICRO-RELATOS do CONCELLO DE OURENSE

O alumnado de 6º de Educación primaria da nosa escola ven de participar no VI Certame de Micro-relatos, organizado polo concello de Ourense. Resultou finalista con mención especial, pola súa orixinalidade, por dar importancia á comunicación entre avós e netos, e pola súa redacción o alumno de 6ºB, Hugo Mosquera Alonso, polo seu micro-relato:" Transformador de paisaxes"


NORABOA HUGO!!!!!


Hugo coa súa titora Yolanda

A continuación podedes disfrutar do RELATO: 

TRANSFORMADOR DE PAISAXES

"Voulles contar o relato dun neno chamado Xurxo que cree que en Galicia non hai nada especial. Non me credes? Isto é o que sempre di:
-Vaia sitio,só hai árbores e máis árbores.
Xurxo é de Pereiro de Aguiar e ao mirar pola ventá só ve monte. Un día,cando  xa estaba case durmido,nun abrir e pechar de ollos contemplou diante da súa cama unha máquina que tiña de nome “Transformador de Paisaxes”.Por curiosidade, Xurxo quixo montar nese artefacto.
De súpeto,viu unha luz moi forte que o deixou medio cego . Cando volveu  a abrir os ollos, observou unha paisaxe que se semellaba  ás Bahamas. O marcador indicaba o seu nome:“Illas Cíes”.
-Encántame este sitio!-dicía Xurxo.
O neno premeu o botón para cambiar de lugar. El esperábase algo moi bonito,pero aparecéuselle diante un monte completamente negro con toda a súa vexetación queimada . No marcador dicía :“Serra dos Ancares”.
-Quen faría algo tan horrible?
A partir de ese momento, Xurxo coida o seu monte e di que é un tesouro."


HUGO MOSQUERA ALONSO .6ºB.

CEIP AMADEO RODRÍGUEZ BARROSO.