O 20 de novembro, o alumnado de segundo de educación primaria asistiu á proxección da película "O Pequeno Mago", dirixida por Roque Cameselle. A actividade tivo lugar no Auditorio de Ourense, dentro da celebración da 19ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense.
Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso
domingo, 23 de novembro de 2014
RECEITAS DE OUTONO
O alumnado do centro participou, con carácter voluntario, nun concurso de receitas típicas do outono, sacando información das súas familias (preferentemente), de
bibliografía especializada ou da rede. A participación foi masiva. Con tódalas receitas elaborouse un libro colaborativo que quedou depositado na biblioteca do centro, así coma varias exposicións nos corredoiros do colexio.
CELEBRACIÓN SAMAÍN
Durante a última semana de outubro celebramos no CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso a festa do Samaín coas seguintes actividades:
- Exposición de libros de medo, en colaboración coa biblioteca escolar.
- Actividades educativas nas diferentes aulas.
- Exposición de cabazas decoradas.
Neste curso a exposición de cabazas montouse con obras elaboradas polo alumnado de educación infantil e as súas familias. Víronse de novo creacións espectaculares. Para mostra....
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)