mércores, 2 de decembro de 2015

RECEITAS DE OUTONO

Un ano máis o EDNL convocou o concurso de "Recetas de outono", onde os nenos e nenas en colaboración coas súas familias elaboraron unhas deliciosas receitas para disfrutar dos produtos típicos destas datas. Coas receitas recibidas faráse un libriño que quedará na bilbioteca a disposición  de quen o queira consultar.




mércores, 4 de novembro de 2015

O SAMAÍN

Un ano máis os nenos e nenas do  C.E.I.P Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso celebramos o Samaín.
Que medo daban algúns rincóns do centro!!!





Para espantar os medos os nenos e nenas de 5º A cantaron esta canción:




Tamén fixemos unha exposición de cabazas, como noutros anos non tiñamos espazo para colocalas decidiuse que neste só as traerían dende 4º a 6º de educación primaria. Aínda así o resultado foi terrorífico tal e como poderedes ver nas seguintes imaxes.






















As nenas e nenos de educación infantil tamén participaron e pasárono de medo. Aquí poderedes ver algunhas imaxes.























SEMANA EUROPEA DAS LINGUAS

Neste curso o ENDL do C.E.I.P. Plurilíngüe Amadeo Rodríguez Barroso propúxose contribuir un pouquiño a conmemorar a riqueza língüistica de Europa. Para elo elaboráronse carteis informativos ou con slogans que se colocaron por distintos espazos do centro e coa variedade idiomática coa que se traballa con todo ou parte do alumnado.

Algúns exemplos:












martes, 5 de maio de 2015

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2015

Se picas nos seguintes ligazóns poderás acceder a diversas actividades multimedia relacionadas co autor homenaxeado no Día das Letras do presente ano, José Fernando Filgueira Valverde, creadas en diversos centros educativos da Galicia:


“Pasapalabra”sobre Filgueira Valverde, elaborada polo CEIP A Ponte (Lugo).

Test multimedia, elaborado polo CEIP A Ponte de Lugo.

Xogo de preguntas sobre Filgueira Valverde, elaborado no CEIP Plurilingüe A Magdalena das Pontes.


Actividade Lim sobrea vida e a obra de Filgueira Valverde, elaborado polo Seminario Galán, do CEIP Galán, de Arteixo (A Coruña)

Video con imaxesrelacionadas con Filgueira Valverde, elaborado polo Seminario Galán.

luns, 4 de maio de 2015

CONCURSO DE ETIQUETAS AUTOADHESIVAS

No Concurso de Etiquetas Autoadhesivas, convocado para conmemorar o Día do Libro, resultaron gañadores os traballos de André, Uxía e Mauro, os tres de 4º A de Educación Primaria.















mércores, 18 de febreiro de 2015

30 DE XANEIRO: DIA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

O pasado día 30 de xaneiro celebrouse no centro o "Día Escolar pola Paz e a Non Violencia". As principais actividades desta conmemoración foron as seguintes:
Elaboración das “Caixas da Paz” con información sobre diferentes personalidades que obtiveron o Premio Nobel da Paz. Cada grupo-clase decorou unha caixa de cartón con información e imaxes sobre o personaxe elixido. Cos traballos elaborados montouse unha exposición na sala de entrada do centro.
- Acto conmemorativo do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia: Elaboración do Arco da Paz, coas mensaxes escritas nos diversos grupos; cada grupo empregou, para escribir as súas mensaxes, unha forma (pomba, corazón…) e unha cor diferente e con elas completou unha arquivolta do arco. Non faltou a lectura de manifestos pola Paz e a canción interpretada por todo o alumnado.