Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso
mércores, 29 de decembro de 2021
POSTAL NADAL 2021
Nos días previos ás vacacións de Nadal convocouse un concurso de postais de felicitación. Participaron tódolos alumnos e alumnas de infantil e primaria que os desexaron, que foron a case totalidade do alumnado do curso. Realizouse unha exposición de tarxetas e con algunhas das máis vistosas elaborouse unha a postal coa que o centro felicitou as festas e a chegada do ano novo. Noraboa aos participantes e aos elixidos para representar a todos na postal oficial do cole.
CALENDARIO 2022
Como vén sucedendo cada curso, elaborouse un calendario de sobremesa para o ano que vai comezar, ano 2022. Para a súa elaboración empregáronse imaxes e textos aportados por alumnos e alumnas de diferentes grupos de primaria e de infantil. Agradecemos a alta participación do alumnado e felicitamos a aqueles cuios traballos foron elixidos para a confección do calendario.
Quedou así:
Calendario_2022 - Kizoa Movie Maker
Calendario_2022 - Kizoa Movie Maker
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)