mércores, 20 de decembro de 2017

PERGAMIÑO VINDEL



A descuberta deste pergamiño debeuse ao azar. Ocorreu cando o comerciante de libros antigos Pedro Vindel o encontrou na súa biblioteca en 1914 servindo de forro a un exemplar do De officiis de Cicerón, do século XIV con encadernación do século XVIII.
 O pergamiño desapareceu pouco tempo despois de se descubrir, créndose perdido durante moitos anos. Porén, o pergamiño fora adquirido a Pedro Vindel polo diplomático e musicólogo Rafael Mitjana, quen o depositou na súa biblioteca de Uppsala, cidade sueca onde residía por aquel entón. Tras a súa morte, en 1921, a biblioteca pasou á súa viúva e posteriormente foi vendida polos seus herdeiros. Despois de varias vicisitudes, o pergamiño foi adquirido polo bibliófilo Otto Haas e posto á venda en Londres polo seu colega Albi Rosenthal. Finalmente foi comprado pola Pierpoint Morgan Library de Nova York, onde se conserva desde 1977.
 A primeira noticia do descubrimento foi dada a coñecer por Pedro Vindel, en febreiro de 1914, na revista Arte Español. Ao ano seguinte, en 1915, o libreiro publicou a primeira edición facsímile do manuscrito.
 
Entre os meses de outubro do ano 2017 e marzo do ano 2018, o pergamiño Vindel exponse no Museo do Mar de Galicia, situado na cidade de Vigo.

CERTAME  VINDEVÍDEOS


Para dar a coñecer o Pergamiño Vindel participamos no certame Vindevídos  con estes  dous traballos.






martes, 12 de decembro de 2017

QUE FERMOSAS AS NOSAS ÁRBORES DE NADAL!

Un anaquiño noso está no corazón desas árbores. En  cadansúa postal vai o agarimo que todos os nenos e nenas puxeron nelas. 
Bo Nadal!



martes, 21 de novembro de 2017

Recitamos ao outono!!!!

Os nenos e nenas de 6º  de Educación Primaria, crearon adiviñas, refráns, poemas e pequenas historias de outono, e tras recitalas na aula, compartíronas co resto dos compañeiros e compañeiras expoñéndoas  no exterior da aula., tal e como podemos ver a continuación:
























mércores, 8 de novembro de 2017

RECEITAS DE OUTONO

No corredor de primaria están expostas as receitas de outono elaboradas polo alumnado de 2º, 3º e 4º de educación primaria. No seguinte vídeo podemos ver unha mostra:



xoves, 2 de novembro de 2017

OS NENOS E NENAS DE SEXTO CELABRARON O SAMAÍN

Os alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria decoraron o corredor da escola con bruxas e casas encantadas.







martes, 31 de outubro de 2017

CELEBRANDO O SAMAÍN

Este ano correspondeulle aos nenos e ás nenas de 6º de educación infantil preparar a exposición de cabazas para celebar o Samaín. Tallaron e decoraron un montón de cabazas "monstruosas" e construíron sombreiros terroríficos. Estes son algúns exemplos:













martes, 10 de outubro de 2017

Cantamos en Galego con Susa Herrera

Hoxe martes 10 de outubro tivemos a sorte de contar coa visita de Susa Herrera coa que cantamos e bailamos todos os nenos/as e mestras de Educación Infantil.






venres, 16 de xuño de 2017

venres, 9 de xuño de 2017

O Castro de San Cibrao de Las


Traballo feito polos alumnos de 2ºA .
Proxecto de Centro "O Cómic"

xoves, 1 de xuño de 2017

O misterio do Crebacabezas
Traballo dos alumnos de 4ºA  sobre o cómic.



venres, 7 de abril de 2017


TeleXornal
                                  de Abril


6ºA





TV  ColeDosRosais
Abril 2017

Coa intención de emitir periódicamente as novas de interese, arranca a  TV ColeDosRosais. 

venres, 17 de marzo de 2017



TeleXornal







TV  ColeDosRosais
marzo 2017

Coa intención de emitir periódicamente as novas de interese, arranca a  TV ColeDosRosais. 

venres, 17 de febreiro de 2017

Día de Rosalía

180  ANIVERSARIO NACEMENTO ROSALÍA DE CASTRO


24 FEBREIRO