venres, 14 de decembro de 2018

POSTAIS DE NADAL

Coa chegada do Nadal os nenos e nenas do noso cole sempre decoran algún debuxo relacionado con esta bonita época. Este ano tocou decorar un calcetín. Algunhas foron seleccionadas para enviar ás casas co fin de felicitar o Nadal. Asemade, utilizamos todas as postais para decorar os corredores do noso cole. Estes alumnos e alumnas son uns verdadeiros e verdadeiras artistas.
Dende este blog aproveitamos para desexarlles a todos os nosos seguidores e seguidoras un
BO NADAL e un FELIZ ANO 2019 
😍💋🎄🎅🎉🎊