mércores, 27 de febreiro de 2019

Chega o ENTROIDO!!!!

O Entroido xa está aquí!!!
O noso cole xa está metido de cheo nel. Contamos con moitas cousiñas para ambientalo: Comadres e Compadres, Traxes típicos de diferentes zonas da nosa provincia, unha presentación dixital, láminas diversas...
Esperamos que vos agrade.
Tamén queremos agradecer fortemente a gran colaboración que estades tendo as familias para a exposición dos traxes típicos, que sabemos que nestas datas non é nada doado. MILLÓNS DE GRAZAS!!!!







luns, 25 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Onte conmemorouse o día da nosa gran poetisa por excelencia, Rosalía de Castro. Co fin de ligar este día co tema que estamos a traballar este ano no PDI do centro (O coidado do medio ambiente), os nenos e nenas deseñaron unhas follas de diferentes árbores nas que escribiron estrofas de poemas de Rosalía que tratan sobre a natureza. Finalmente, con estas follas decoramos algunhas árbores do noso centro.
Deixámosvos unhas fotos e un vídeo para que vexades o bonitas que quedaron tanto as follas como as árbores.