venres, 26 de febreiro de 2016

EU SON ROSALÍA

Os nenos e nenas de 5º A celebraron o Día de Rosalía deseñando e construindo un gran mural. Ao final fixeron unha breve declaración seguindo a proposta da AELG "Eu son Rosalía porque/cando/para…"que foi recollida nun vídeo:




DIA DE ROSALIA

O 24 de febreiro foi o "Día de Rosalía" e para celebralo, seguindo a proposta da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega), o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP deseñou unha carta postal que incluía un pequeno poema de Rosalía e un debuxo alusivo. Esta postal foi enviada por correo ordinario ao enderezo familiar dos nenos.
Estas son algunhas das postais deseñadas:




Todo o alumnado do centro participou na elaboración do "Muro de Rosalía". Podedes ver o fermoso que quedou nas seguintes fotos:


mércores, 3 de febreiro de 2016

EXPOSICIÓN "TRAXES DO ENTROIDO"

Grazas á colaboración de toda a comunidade educativa conseguíuse facer unha exposición cos traxes típicos do Entroido da provincia de Ourense. Na entrada do centro e durante a semana previa a dita festa, nenos e nenas, nais, pais e profesorado poideron gozar dunha moi boa colección de traxes.








martes, 2 de febreiro de 2016

OBRADOIRO DE COMPADRES E COMADRES

O profesorado e alumnado de 3º de EP desenvolveu, dentro do programa de actividades para escolares do Concello de Ourense, un obradoiro no que o alumnado aprendeu a confeccionar comadres e compadres. O xoves de comadres asistiron á Praza Maior de Ourense para participar da tradicional festa.


Primeiro foi o turno dos nenos e nenas de 3º B.




Logo foi o turno do alumnado de 3º A




Xoves de comadres na Praza Maior





Enlace ao video feito pola TVG onde saen entrevistados os nenos e nenas do noso centro.




CONTACONTOS

Actividade de contacontos para alumnado de 4º, 5º e 6º de EP, protagonizada por Iago López, en base á obra “Lía e as zapatillas de deporte”, de María Reimóndez.






Actividade de contacontos para alumnado de 1º de EP protagonizada por María Mercedes López, en base ao conto popular da “Carapuchiña vermella” contada en linguaxe de signos con intérprete en galego.





XOGOS POPULARES

Un equipo de animadores especializados en xogos populares galegos visitou o centro para dar a coñecer ao alumnado de 6º xogos tradicionais galegos, algúns deles comúns a outras culturas. Nesta primeira xornada Lito e Manolo amosaron a maneira de xogar ás tabas.








Nesta segunda xornada Manolo mostrounos a meneira de xogar a villarda.