luns, 28 de novembro de 2016

HOXE, NOS ROSAIS GALEGOS, COCIÑAMOS CON...


Despois de recoller numerosísimas e saborosas receitas de outono, comezamos a cociñar e velaiquí o resultado.


Pastel de Castaña  e Chocolate de Galicia

                  Lúa e Lucía de  5º A  


   





DOCE  DE  MARMELO

                                    LUCÍA E RAÚL de 5ºB


                                              PURÉ DE CASTAÑAS


                                                                         ALBA E KEVIN de  6º B


                               TORTA DE CHOCOLATE CON CASTAÑAS


                                                                          LUCÍA E ALBA de 6ºA


luns, 7 de novembro de 2016

FEDERICO GARCÍA LORCA

FEDERICO  GARCÍA 
L
ORCA





100 ANOS DA SÚA PRIMEIRA VIAXE A GALICIA
OUTUBRO 1916 - 2016




Recitado 
"Seis Poemas Galegos"

Alumnos  de 6º





"MADRIGAL  Á CIBDÁ  DE  OURENSE"

ALUMNOS DE 1ºA


xoves, 27 de outubro de 2016



EXPOSICIÓN DE CABAZAS 

  SAMAÍN



luns, 10 de outubro de 2016

SON UNHA CUNCA....

Para comenzar este novo curso, os alumnos de 6ºB aprendemos o vocabulario do comedor versionando unha canción....Aquí vos queda!!

venres, 15 de abril de 2016

RADIO ESCOLAR

Nesta entrada iremos colgando os distintos podcast elaborados polo alumnado de 5º A.


venres, 8 de abril de 2016

DÍA DA POESÍA

O día 21 de Marzo, festéxouse o Día da Poesía. O alumnado de 4º de E.P.participou nas actividades promovidas dende a Concellería de Educación do Concello de Ourense. Nun primeiro momento , coa axuda de dúas monitoras, elaboraron uns fermosos marcapáxinas alusivos a autores galegos tal e como se pode ver nas seguintes fotos:

Logo escolleron unhos poemas de Rosalía que memorizaron para posteriormente  recitalos na Praza Maior de Ourense xunto cos nenos e nenas doutros centros. Podedes ver aquí algunhas imaxes da celebración:






venres, 26 de febreiro de 2016

EU SON ROSALÍA

Os nenos e nenas de 5º A celebraron o Día de Rosalía deseñando e construindo un gran mural. Ao final fixeron unha breve declaración seguindo a proposta da AELG "Eu son Rosalía porque/cando/para…"que foi recollida nun vídeo:




DIA DE ROSALIA

O 24 de febreiro foi o "Día de Rosalía" e para celebralo, seguindo a proposta da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega), o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP deseñou unha carta postal que incluía un pequeno poema de Rosalía e un debuxo alusivo. Esta postal foi enviada por correo ordinario ao enderezo familiar dos nenos.
Estas son algunhas das postais deseñadas:




Todo o alumnado do centro participou na elaboración do "Muro de Rosalía". Podedes ver o fermoso que quedou nas seguintes fotos:


mércores, 3 de febreiro de 2016

EXPOSICIÓN "TRAXES DO ENTROIDO"

Grazas á colaboración de toda a comunidade educativa conseguíuse facer unha exposición cos traxes típicos do Entroido da provincia de Ourense. Na entrada do centro e durante a semana previa a dita festa, nenos e nenas, nais, pais e profesorado poideron gozar dunha moi boa colección de traxes.








martes, 2 de febreiro de 2016

OBRADOIRO DE COMPADRES E COMADRES

O profesorado e alumnado de 3º de EP desenvolveu, dentro do programa de actividades para escolares do Concello de Ourense, un obradoiro no que o alumnado aprendeu a confeccionar comadres e compadres. O xoves de comadres asistiron á Praza Maior de Ourense para participar da tradicional festa.


Primeiro foi o turno dos nenos e nenas de 3º B.




Logo foi o turno do alumnado de 3º A




Xoves de comadres na Praza Maior





Enlace ao video feito pola TVG onde saen entrevistados os nenos e nenas do noso centro.




CONTACONTOS

Actividade de contacontos para alumnado de 4º, 5º e 6º de EP, protagonizada por Iago López, en base á obra “Lía e as zapatillas de deporte”, de María Reimóndez.






Actividade de contacontos para alumnado de 1º de EP protagonizada por María Mercedes López, en base ao conto popular da “Carapuchiña vermella” contada en linguaxe de signos con intérprete en galego.





XOGOS POPULARES

Un equipo de animadores especializados en xogos populares galegos visitou o centro para dar a coñecer ao alumnado de 6º xogos tradicionais galegos, algúns deles comúns a outras culturas. Nesta primeira xornada Lito e Manolo amosaron a maneira de xogar ás tabas.








Nesta segunda xornada Manolo mostrounos a meneira de xogar a villarda.
















mércores, 13 de xaneiro de 2016

XIRALIBROS

Un ano máis o ENDL do CEIP Plurilíngüe Amadeo Rodríguez Barroso puxo a funcionar catro xiralibros que se repartiron polos seguintes lugares do barrio:

Bar Chicago
Taberna do pan
Bar Algarabía
Sala de espera de Pediatría do CHOU



O obxectivo desta nova proposta é que tanto nenos coma adultos poidan disfrutar dunha variada oferta de obras en galego fóra do espazo do centro e en calquer horario. Animamos a todolos membros da comunidade educativa do centro a participar nesta experiencia.


martes, 12 de xaneiro de 2016

NADAL 2015 E CONCURSO DE POSTAIS

Un ano máis o ENDL do CEIP Plurilíngüe Amadeo Rodríguez Barroso convoca o concurso de Postais de Nadal en Galego. Nesta ocasión presentámosvos un precioso vídeo elaborado por Uxía Xende Magallaes onde se poden ver as actividades desenvoltas arredor do Nadala así coma as postais preseleccionadas e gañadoras.