venres, 16 de marzo de 2018

BUSCANDO UN LEMA!!!

Todo o alumnado do noso centro participou no concurso "BUSCANDO UN LEMA",  en tres categorías diferentes: 1º educación infantil, 2º lugar 1º, 2º e 3º de educación primaria e en 3º lugar 4º, 5º e 6º de educación primaria. Os nenos deben atopar un lema que nos anime a todos a empregar a nosa lingua galega en todos os eidos da vida cotiá. Os lemas gañadores, serán impresos en adhesivos e entregaraselle unha copia a cada alumno do centro. Agora podedes ver unha pequena mostra, así como os lemas gañadores de cada categoría.




LEMAS GAÑADORES:
1ª CATEGORÍA.

 LAURA S. DE 5º DE E. INFANTIL

 SABELA de 6ºB de E. INFANTIL




2ªCATEGORÍA

XAVIER de 1ºA DE E. PRIMARIA


 SANTIAGO DE 3ºA DE E. PRIMARIA







3ª CATEGORÍA


LEILA DE 5ºA DE E. PRIMARIA

RAÚL DE 6º B DE E. PRIMARIA





xoves, 1 de marzo de 2018

24 DE FEBREIRO: DIA DE ROSALÍA

O venres día 23 de febreiro celebramos o DÍA DE ROSALÍA baixo o lema promovido pola AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) de #AbrideAFiestra enchendo de debuxos de Rosalía as fiestras e vidreiras do noso colexio. Participaron todos os nenos e nenas de educación infantil e primaria.