luns, 1 de decembro de 2014

POSTA EN MARCHA DOS XIRALIBROS

Ao longo desta semana puxéronse en marcha catro "Xiralibros", caixiñas con literatura infantil, en diversos locais públicos do contorno do colexio:
1.- A taberna do Pan
2.- Cafetería Chicago
3.- Cafetería Risehill
4.- Unidade Infantil do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

O obxectivo é que os nenos e nenas que frecuenten estes locais dispoñan de literatura en galego para encher coa lectura eses ratos de ocio. É o segundo ano que se pon en marcha a experiencia con resultados satisfactorios.






domingo, 23 de novembro de 2014

OUFF (FESTIVAL DE CINE DE OURENSE): O PEQUENO MAGO

O 20 de novembro, o alumnado de segundo de educación primaria asistiu á proxección da película "O Pequeno Mago", dirixida por Roque Cameselle. A actividade tivo lugar no Auditorio de Ourense, dentro da celebración da 19ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense. 




RECEITAS DE OUTONO

O alumnado do centro participou, con carácter voluntario, nun concurso de receitas típicas do outono, sacando información das súas familias (preferentemente), de bibliografía especializada ou da rede. A participación foi masiva. Con tódalas receitas elaborouse  un libro colaborativo que quedou depositado na biblioteca do centro, así coma varias exposicións nos corredoiros do colexio.




CELEBRACIÓN SAMAÍN

Durante a última semana de outubro celebramos no CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso a festa do Samaín coas seguintes actividades: 
- Exposición de libros de medo, en colaboración coa biblioteca escolar.
- Actividades educativas nas diferentes aulas.
- Exposición de cabazas decoradas.
Neste curso a exposición de cabazas montouse con obras elaboradas polo alumnado de educación infantil e as súas familias. Víronse de novo creacións espectaculares. Para mostra....




venres, 23 de maio de 2014

CONCURSO DE CARTEL E LEMA: FINALISTAS E PREMIADOS


MOSTRA DE OFICIOS ARTESANAIS E TRADICIONAIS GALEGOS

O 21 de maio gozamos no CEIP Amadeo Rodríguez Barroso coa presenza de varios artesáns (alfareiros, canteiros, teceláns...) que lle amosaron a nenos e profesorado a súa maneira de traballar. Na seguinte película aparece unha pequena recopilación de imaxes do que foi ese día. Na páxina web do centro podes ver máis imaxes desa xornada; se queres velas agola pica no seguinte ligazón: Mostra de oficios tradicionais



xoves, 22 de maio de 2014

FINA CASALDERREY NO CEIP AMADEO RODRÍGUEZ BARROSO

O luns, 19 de maio, visitou o CEIP Amadeo Rodríguez Barroso a escritora Fina Casalderrey. Na web do colexio pódese ver un video con imaxes da visita. Se queres acceder dende aquí, preme na imaxe.

Fina Casalderrey

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2014

A víspera do Día das Letras Galegas celebráronse no colexio dous festivais, co obxectivo de difundir e fomentar a cultura galega, en especial a lingua e a literatura. Picando na seguinte imaxe pódense ver as reportaxes fotográficas dos actos, publicadas na web do centro.

Festival Letras Galegas