luns, 23 de abril de 2018

VI CERTAME DE MICRO-RELATOS do CONCELLO DE OURENSE

O alumnado de 6º de Educación primaria da nosa escola ven de participar no VI Certame de Micro-relatos, organizado polo concello de Ourense. Resultou finalista con mención especial, pola súa orixinalidade, por dar importancia á comunicación entre avós e netos, e pola súa redacción o alumno de 6ºB, Hugo Mosquera Alonso, polo seu micro-relato:" Transformador de paisaxes"


NORABOA HUGO!!!!!


Hugo coa súa titora Yolanda

A continuación podedes disfrutar do RELATO: 

TRANSFORMADOR DE PAISAXES

"Voulles contar o relato dun neno chamado Xurxo que cree que en Galicia non hai nada especial. Non me credes? Isto é o que sempre di:
-Vaia sitio,só hai árbores e máis árbores.
Xurxo é de Pereiro de Aguiar e ao mirar pola ventá só ve monte. Un día,cando  xa estaba case durmido,nun abrir e pechar de ollos contemplou diante da súa cama unha máquina que tiña de nome “Transformador de Paisaxes”.Por curiosidade, Xurxo quixo montar nese artefacto.
De súpeto,viu unha luz moi forte que o deixou medio cego . Cando volveu  a abrir os ollos, observou unha paisaxe que se semellaba  ás Bahamas. O marcador indicaba o seu nome:“Illas Cíes”.
-Encántame este sitio!-dicía Xurxo.
O neno premeu o botón para cambiar de lugar. El esperábase algo moi bonito,pero aparecéuselle diante un monte completamente negro con toda a súa vexetación queimada . No marcador dicía :“Serra dos Ancares”.
-Quen faría algo tan horrible?
A partir de ese momento, Xurxo coida o seu monte e di que é un tesouro."


HUGO MOSQUERA ALONSO .6ºB.

CEIP AMADEO RODRÍGUEZ BARROSO.

Ningún comentario: