Chegou o 31 de outubro e con el chegou o Samaín. Para conmemoralo
invitamos aos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil a deseñar cabazas. A
participación do alumnado foi moi alta e hai verdadeiras obras de arte como
podedes ver nas fotos. Asemade, dende o Equipo de Actividades Extraescolares
organizouse a queima dos medos. Todo o alumnado e profesorado baixamos ao patio e nun pote fomos botando unha cabaza de papel na cal escribimos un medo para
que este desapareza. Acompañamos a queima con música propia do Samaín. A
verdade e que pasamos un moi bo rato e os nosos medos quedaron en cinsas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario